Defensa, xustificación i-eloxio do separatista
No coro de voces que falan oxe no nacionalismo galego, falla o meu epifonema separatista.
Moitos homes do galeguismo falan nos mitins, escriben nos boletíns e din: nós non somos separatistas –como para ceibarse dise alcume que lles botan por riba–, nós imos tamén contra o separatismo; anque, engadéu algún, nós chegaríamos a xustificalo e axudal-o si o Estado hespañol continuase cego como ata agora pra os nosos probremas esenciás.
Eu sí: eu son separatista; nidiamente, seguramente. Como postura activa radicalmente consecuente c-unha defiñición ideolóxica: o nacionalismo. Como xeito espresivo d-unha afección entoñada no profundo inconsciente do meu ser, que non é meu xá porque pertece ao tradicional, ao acervo colectivo: o patriotismo. Dende que os Reises Católicos comenzaron a obra monstruosa do noso submetimento, dende que comenzóu o noso adormecimento na asimilación a Castela, o castrexamento das nosas enerxías raciales, Galicia deberá encamiñarse pol-a única loita arredista; como reacción natural, biolóxica, como pulo salvador. (Pero Galicia case chegóu a soicidarse afogando no asoballamento extranxeiro).
D-eiquí a nosa minsión crara, taxativa, descontra teorizacións, retóricas e sober tudo frente a posicións cómodas que nos entreguen de xionllos ao nemigo: o arredismo; sinxelamente, fortemento. Temos que recriar no pobo galego que soio é masa a vontade nacional, o imperativo patriótico; comenando por fortifical-os en nós mesmos.
E logo vén o universal: unhos teñen unha concepción católica, que percisamente terán de facer encarnar na nosa alma nacional; outros teñen unha dialectica materialista que quererán apricar na nosa Terra d-acordo coas outras Terras do mundo. Pero primeiro temos que refaguer a Patria frente de todol-os nemigos: diamonos as nosas máns profanas para acometer isa obra de salvación nacional e desenrolemos o seu Esprito na sua Catolicidade cristián, o seu Corpo no seu determiñismo cósmico, como Deus mande, como deixe o mundo.
Santiago Fernández
Guieiro, nº 14, p. e, em: ANT, 20/4/1935, nº 362

